Aquí podedes ver dous vídeos de repaso relativo as plantas, uns seres vivos esenciais.
O MUNDO DO MONTERREY
miércoles, 20 de mayo de 2020
miércoles, 6 de mayo de 2020
A FUNCIÓN DE RELACIÓN
Expresa os teus sentimentos durante este confinamento. Como te sentiches, como te relacionaches cos demáis, emocións, rutinas( deberes, exercicio físico, colaboración en tarefas da casa),experiencia positiva do confinamento, negativa, diferente, que fixeches coa familia, soíño. Que é o primeiro que queres facer, cando remate o estado de alarma?
Tedes 2 semanas para facer esta actividade. Pode ser oral ou escrita. Si é oral, minimo 1 minuto falando de xeito fluído. Podédelo gravar e enviar. Procurade non ler. Si é escrito, unha carilla, máis ou menos.
jueves, 30 de abril de 2020
A GASTRONOMÍA ESPAÑOLA, UNHA ARTE SAUDABLE
miércoles, 22 de abril de 2020
sábado, 18 de abril de 2020
lunes, 13 de abril de 2020
REPASA A UNIDADE
SOLUCIÓNS pax.76
1 a) Aparato circulatorio.
b) Aparato dixestivo.
2 Alimentos: ovo, arroz, feixóns, chourizos, pan, e piña.
Nutrientes: vitaminas, graxas, hidratos de carbono e proteínas.
3 Si, porque no aire que sae do pulmón se incorpora o dióxido de carbono que recolleu o sangue por todo o corpo.
4 Comprobar no debuxo o seguinte percorrido: fosas nasais, farinxe, larinxe, traquea, bronquios, bronquíolos, alvéolos pulmonares.
5 Porque ao suar xa expulsamos substancias de refugallo e auga que non se eliminarían ao ouriñar.
6 No aparato circulatorio, o sangue é bombeado polo corazón e circula polas arterias, veas e capilares, levando o osíxeno e os nutrientes a todas as partes do corpo e recollendo os refugallos que hai que eliminar.
7 1: Extráense os refugallos do sangue.
2: A urina pasa dos riles á vexiga.
3: A urina sale pola uretra.
4: Acumúlase a urina na vexiga.
8 1 e 2 : Vitaminas e minerais.
3: Proteínas.
4 e 5 : Hidratos de carbono
9 Arroz con tomate, porque o arroz ten como nutriente os hidratos de carbono que proporcionan moita enerxía.
10 Resposta tipo.
Aparato dixestivo: cepillar os dentes despois de cada comida.
Aparato circulatorio: practicar exercicio físico.
Aparato respiratorio: respirar aire limpo.
Aparato excretor: practicar exercicio físico e manter limpa a pel.
jueves, 2 de abril de 2020
AS VACINAS
Todos temos ganas de que todo esto remate e atopen unha vacina que acabe dunha vez con este bichiño, que nos ten encerrados nas nosas casas. Aquí veredes dous vídeos cortos para saber un pouquiño máis sobre as vacinas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)